Restaurante Playa Menduiña

Estás en el

Blog

Xan Campos ESD

Este Domingo 30 de Agosto en Menduiña Restaurante & Terraza​

✮ XAN CAMPOS ESD ✮

Virxilio Da Silva (guitarra)

Wilfried Wilde (guitarra)

Xan Campos (teclados)

Iago Fernández (batería)

 

Xan Campos (Cangas 1897) medrou musicalmente no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, no Musikene do País Vasco e posteriormente facendo o European Jazz Master, que o levou dunha cidade a outra de Europa cada seis meses. Tras máis de 10 anos tocando e gravando en contextos acústicos como o salientable Xan Campos Trio ou a través de colaboracións con Ambrose Akinmusire, Walter Smith III, Logan Richardson, Marcus Strickland, Lage Lund, Marcus Gilmore, Perico Sambeat, Jorge Rossy ou Matt Brewer entre outros, presenta agora o seu novo proxecto: ESD. Este é un cuarteto eléctrico, con dúas guitarras e sen baixo, no que Campos explora o mundo dos teclados e sintetizadores e que está caracterizado polo seu son rockeiro e o seu enfoque orgánico. Virxilio Da Silva (guitarra) Wilfried Wilde (guitarra) Xan Campos (teclados) Iago Fernández (batería) Sen renunciar aos cimentos do jazz, Xan Campos persegue un estilo fresco, actual, deixándose influenciar polo que pasa ao seu redor e as vangardas musicais e convencido que de o jazz non só pertence ás salas especializadas.